• Casa Rural Completa

Instalacións

Dende que se decidiu en restaurar a casa procurouse que os espazos comúns se sitúen na planta baixa.

Constan de sala de estar que nos recibe co seu gran lareira, cheminea de leña, zona de lectura, televisor de LED, DVD, e xogos de mesa para pasar os seus anacos de ocio gozando do descanso.

Rodeados das súas preciosas paredes de pedra de cantería que son un legado do pasado encontrámonos co comedor, un espazo amplo con mobles restaurados dándolle un aire acolledor sen perder o seu estilo rústico onde os nosos convidados poderán gozar dos mellores manxares galegos da zona ou de reunións con encanto.

Na mesma planta conta con 2 habitacións.

A ARTESA: Dormitorio con cama de matrimonio e baño con bañeira hidromasaxe completamente equipada con todo luxo de detalles.

A PENEIRA: Dormitorio con camas dobres, baño con ducha, secador de pelo, calefacción e todas as comodidades para garantir os seus días de descanso.

A casa tamén dispón dun baño adaptado para minusválidos con ducha hidromasaxe, cama supletoria, berce e trona.

Cociña rústica con lavalouza, microondas, neveira e utensilios para cociñar e sentirte como na túa propia casa.

No espazo exterior poñemos o seu servizo: zona de lavandaría, aparcadoiro privado, barbacoa, bicicletas, manancial de auga natural e zonas verdes axardinadas.

Gozarás do silencio para relaxarte, diminuír o estrés latente e alcanzar a tranquilidade interior.

Habitacións

Habitacións

Ler máis
Cocina

Cociña

Ler máis
Sala de estar

Sala de estar

Ler máis